venres, 27 de novembro de 2015

Galicia supera a Andalucía en exportacións

De acordo cos datos do Ministerio de Economía e Competitividade, no informe publicado correspondente ao mes de setembro,  as exportacións galegas supuxeron un 8,7% do total estatal, mentres que as andaluzas supuxeron un 8,3% do total.  O dato é espectacular se temos en conta que a poboación de Galicia é menos da terceira parte da poboación andaluza (2,7 millóns fronte a 8,4 millóns).

Postos a establecer comparacións, tamén chama a atención que a provincia de Lugo (uns 330.000 habitantes) case exporta tanto como o conxunto da comunidade de Extremadura (uns 1.100.000 habitantes).

Vese, por tanto, que é bastante irreal esa ligazón que ás veces se pretende establecer como comunidades dependentes da solidariedade do Estado, entre Galicia e Andalucía e Extremadura.



A grandes rasgos, os datos son bastantes semellantes aos que se analizaron nun post anterior, referido ás exportacións no mes de abril.

En termos absolutos, Catalunya segue a dominar, cun contundente 26,2% do total, seguida de lonxe por Madrid, Comunidad Valenciana, Euskadi, Galicia e Andalucía.

Hai que ter en conta que as cifras de Madrid e Andalucía están infladas debido ao aporte das empresas estatais.  Como xa vimos nun post anterior, cando o Estado se mete a empresario é para favorecer a Madrid, e en menor medida a Andalucía e Castela.  As empresas do SEPI radicanse na súa práctica totalidade nestas comunidades.  Hai que lembrar, por exemplo, o caso de Airbus (coas principais fábricas en Madrid, Sevilla, Toledo e Albacete), os astilleros de Cádiz (sistemáticamente favorecidos frente aos de Ferrol), e un longo etcétera.

Por provincias, as máis exportadoras son Barcelona (20,5%), Madrid (11,1%), Valencia (6,7%), A Coruña (4,0%), Zaragoza (3,9%), Pontevedra (3,7%) y Bizkaia (3,7%).  As provincias galegas son pois a cuarta e a sexta do Estado.

No relativo a Galicia, séguese apreciando unha enorme brecha entre as provincias atlánticas e as do interior.  Se ben en termos absolutas Coruña ten cifras lixeiramente mellores ás de Pontevedra, en termos relativos Pontevedra ten maiores exportacións per cápita.  Chama a atención que aumenta a distancia entre Lugo e Ourense, xa que as exportacións lucenses son xa máis do dobre cas ourensás.  Evidentemente, o baltarismo pásalle factura á provincia de Ourense.

De acordo a dito informe, en Galicia as principais exportacións proviñeron dos sectores de manufacturas de consumo (30,1% do total, incrementándose un 16,7% interanual), sector automóbil (21,0% do total, aumentando un 25,8% interanual) e bens de equipo (17,1% do total, reducíndose un 13,3% interanual).

Tanto ou máis interesantes son os datos per cápita:


COMUNIDAD AUTÓNOMA EXPORTACIÓNS (Millóns de €) POBOACIÓN (Millóns habits.) EXPS. / HABITANTE (€ / habit.)
NAVARRA 709,4 0,6 1182,3
PAÍS VASCO 1907,5 2,2 867,0
CATALUNYA 5609,7 7,5 748,0
ARAGÓN 955,5 1,3 735,0
GALICIA 1863,6 2,7 690,2
RIOJA 168,5 0,3 561,7
CASTILLA Y LEÓN 1369,9 2,5 548,0
COMUNITAT VALENCIANA 2340,3 5,0 468,1
MURCIA 695,0 1,5 463,3
MADRID 2385,4 6,5 367,0
CANTABRIA 194,3 0,6 323,8
ASTURIAS 340,7 1,1 309,7
CASTILLA – LA MANCHA 567,7 2,1 270,3
ANDALUCÍA 1767,7 8,4 210,4
EXTREMADURA 142,8 1,1 129,8
BALEARES 113,4 1,1 103,1
CANARIAS 161,5 2,1 76,9
MELILLA 5,5 0,08 68,8
CEUTA 0,1 0,08 1,3




TOTAL 21298,5 46,8 455,5

As cifras son parecidas ás do post anterior.  Navarra e Euskadi están moi por diante de Catalunya, Aragón e Galicia.  A moita distancia atopamos outras comunidades.  Cabe destacar que, ao igual que en meses anteeriores, Madrid atópase por debaixo da media.  O negocio de Madrid é a capitalidade, non as exportacións.

As comunidades con lingua propia seguen copando as primeiras posicións.  Obviamente, o feito de poseer lingua propia non é, nin moito menos, un inconveniente á hora de exportar.  Especialmente no relativo á lingua galega, como se viu en posts anteriores.

Esperaremos a tér datos do conxunto do ano para facer unha análise máis exhaustiva, se ben a grandes rasgos as porcentaxes non variarán moito con respecto ao aquí indicado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario