venres, 27 de novembro de 2015

Galicia supera a Andalucía en exportacións

De acordo cos datos do Ministerio de Economía e Competitividade, no informe publicado correspondente ao mes de setembro,  as exportacións galegas supuxeron un 8,7% do total estatal, mentres que as andaluzas supuxeron un 8,3% do total.  O dato é espectacular se temos en conta que a poboación de Galicia é menos da terceira parte da poboación andaluza (2,7 millóns fronte a 8,4 millóns).

Postos a establecer comparacións, tamén chama a atención que a provincia de Lugo (uns 330.000 habitantes) case exporta tanto como o conxunto da comunidade de Extremadura (uns 1.100.000 habitantes).

Vese, por tanto, que é bastante irreal esa ligazón que ás veces se pretende establecer como comunidades dependentes da solidariedade do Estado, entre Galicia e Andalucía e Extremadura.



venres, 25 de setembro de 2015

A imposible relación entre Catalunya e España

As eleccións do domingo son a culminación dun longo camiño de desencontros e alonxamentos entre Catalunya e Espanha.  Ou máis ben entre Catalunya e os poderes do estado espanhol, pois os cidadáns de a pé non tenhen a culpa de nada.  A conclusión será seguramente a ruptura.  Algo que agora nos parece normal, sería impensable fai uns poucos anos.  Qué pasou?

Nos medios de comunicación de masas é imposible atopar unha visión obxectiva.  Os intereses dos accionistas, ou simplemente o desexo de "pillar cacho" na adxudicación de novos canais que se producirá en outubro, fai que a visión sexa sesgada e anti-catalana.

No magnífico blog "Spain Crisis", unha verdadeira enciclopedia sobre o conflicto catalá, pódese atopar abundante información sobre a evolución do proceso, e as causas que levan a un gran número de cataláns a optar pola independencia.  É un material moi valioso, que algún día será obxecto de estudio polos historiadores do proceso soberanista de Catalunya.

Aínda que é unha materia complexa, e difícil de resumir nun post, imos tratar de explicar brevemente como a relación entre Catalunya e Espanha foi apiorando, ata desembocar nas eleccións plebiscitarias do 27-S.


martes, 15 de setembro de 2015

O espolio eléctrico de Galicia (I)

De espolio, simplemente, pódese calificar a situación que vive Galicia no referente á electricidade.   Somos un país excedentario en produción eléctrica, e que ademais produce a baixo custo con enerxías renovables, como son a hidroeléctrica e a eólica.  Porén, estamos sometidos a unhas tarifas eléctricas altísimas, que baleiran os petos dos cidadáns galegos e espantan tanto a industrias potenciais como a industrias xa establecidas (como é o caso de Alcoa).

Está claro que os galegos saímos claramente prexudicados desta situación.  Dunha banda, a nivel colectivo, polas tarifas máis altas, a imposibilidade de aproveitar a maior produción eléctrica para implementar a competitividade do país, e ao mesmo tempo a obriga de aturar os efectos negativos da xeración de enerxía.

Doutra banda, os galegos saímos prexudicados a nivel individual, polas tarifas astronómicas que pagamos polo consumo da electricidade.  Ou, máis ben, polo simple feito de estar conectados á rede.

Quen sae beneficiado pois?  Obviamente, as empresas eléctricas (con sede e persoal en Madrid), e os seus accionistas e altos cargos, procedentes en moitos cargos da política.  Tamén os cidadáns madrileños, pois pese a vivir nunha rexión que non produce enerxía teñen a mesma tarifa que no resto do Estado, o cal reduce os seus gastos e facilita a implantación de empresas.

Algúns dos beneficiados polo espolio eléctrico de Galicia.
 

mércores, 9 de setembro de 2015

O atraco das peaxes en Galicia.


As infraestruturas galegas adoecen do mesmo defecto que as de todo o Estado: unha configuración radial que se adapta ás necesidades de Madrid, pero non ás nosas.
 
Se pensamos nas autoestradas, vemos que a de maior tráfico, a AP-9 Autoestrada do Atlántico, ten a peaxe blindada ata o ano 2048, por obra e gracia do Partido Popular.  Aínda que é a vía máis importante de Galicia, que comunica as cinco cidades do eixo atlántico, ten un prezo desmesurado.  Ademais, o trazado é moi antigo, do que se deu en chamar "autoestradas de primeira xeración".  

Sen embargo, estes problemas non os atopamos nas vías "radiais", que conectan Coruña e Vigo con Madrid.  A A-6 e a A-52 teñen moito mellor trazado e características ca AP-9, e son gratuitas.  É dicir, parece que se trata de favorecer os fluxos de Galicia con Madrid, en lugar de os fluxos internos galegos.

Fonte: Praza Pública



domingo, 6 de setembro de 2015

Vantaxes de educar os nenos en galego (IV). A facilidade para aprender outras linguas.


Neste artigo imos analizar as vantaxes de educar os nenos en galego derivadas dunha maior facilidade á hora de aprender novos idiomas.  É dicir, os nenos galego-falantes contan cunha enorme vantaxe fronte aos nenos monolingües en castelán (a día de hoxe non existen os nenos monolingües en galego), xa que os nenos galego-falantes terán moita máis capacidade á hora de aprender, non só portugués, senón calquera outra lingua.



xoves, 3 de setembro de 2015

A mentalidade prepotente dos poderes espanhois

Os numerosos países de lingua castelá ten unha peculiaridade fronte aos de lingua inglesa, francesa ou portuguesa: non están organizados nunha asociación baseada nos vínculos lingüísticos e históricos.

Doutra banda, chama a atención que das exportacións espanholas, só un 5,9% se dirixan a Iberoamérica, das cales un 1,2% son a Brasil.  Queda por tanto un 4,7% das exportacións espanholas aos países de fala hispana.

A que se pode deber esa situación?

Un rei, nomeado por un ditador en base ao seu linaxe, manda calar a un presidente escollido democraticamente, que á súa vez interrompía o discurso doutro presidente escollido democraticamente.


mércores, 26 de agosto de 2015

Porra 27-S Catalunya

Ante as próximas eleccións catalás, onde moitos galegos residentes en Catalunya tenhen dereito a voto, dende Galician State abrimos unha porra co seguinte pronóstico:

Junts Pel Sí:  71
Catalunya, sí que es pot:  18
PSC:  15
C's:  13
CUP:  10
PP:  8
UDC:  0

Fagan as súas apostas e comentarios no noso blogue ou na nosa páxina de facebook.



martes, 25 de agosto de 2015

Os fondos FEDER 2016: Madrid é insaciable.

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) é un instrumento financeiro da Comisión Europea, que ten como finalidade a axuda para o desenvolvemento económico das rexións deprimidas da Unión Europea.

Estes fondos son subvencións a fondo perdido, sendo xestionados directamente polas administracións públicas (central, autonómica e local), tendo cada unha delas un cupo de fondos asignado a priori para realizar proxectos na zona.


O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ten como obxectivo fortalecer a cohesión socioeconómica dentro da Unión Europea, corrixindo os desequilibrios entre as súas rexións.

E se ten como obxectivo corrixir os desequilibrios, por que Madrid acapara tanto?
 

sábado, 22 de agosto de 2015

Vantaxes de educar os nenos en galego (III). A Lusofonía.

No primeiro post da serie das vantaxes na educación en galego dos nenos abordamos a cuestión de xeito xeral.

Nun segundo post, centrámonos nas vantaxes relativas a un maior desenvolvemento intelectual.

Neste caso, imos falar da vantaxe do galego derivada do seu parentesco coa lingua portuguesa.

Isto non pretende ser un artigo filolóxico, senón que simplemente imos chamar a atención sobre a vantaxe dos galego-falantes á hora de empregar unha lingua amplamente falada no mundo, cuns 250 millóns de falantes, como é o portugués.


O EuroAeroporto Basel - Mulhouse - Freiburg. Un exemplo para Galicia.

Moitos galegos emigraron, e seguen a emigrar, a Francia, Alemaña e Suíza.  Ademais da aportación económica que supón para a nosa terra, xa sexa directamente ou a través das pensións (moito máis xenerosas cas pensións españolas), os emigrantes aportan coñecementos de gran valor.

Moitos destes emigrantes pasaron por un aeroporto que é un verdadeiro paradigma a nivel aeroportuario, que demostra como é posible vencer o localismo en aras da cooperación e da eficiencia: o EuroAeroporto Basel - Mulhouse - Freiburg.



É especialmente interesante constatar que tres Estados diferentes, dous deles pertencentes á Unión Europea e outro que non, e que historicamente estiveron enfrentados en guerras durante séculos, foron quen de pórse de acordo para optimizar o uso dunha infraestrutura vital para a economía da zona.  Asemade, hai que destacar que se trata de países cunha renta per cápita moito máis elevada ca nosa.

Dito aeroporto atópase en territorio francés, se ben a uns poucos km das fronteiras con Suíza e Alemaña.  No ano 2014 moveu un total de 6,5 millóns de pasaxeiros, unha cifra moi lonxana á dos aeroportos galegos (3,8 millóns entre os tres), e similar á do Sá Carneiro (6,9 millóns).


mércores, 12 de agosto de 2015

Visca Catalunya!

En decembro de 2005 apareceu na Coz de Galicia un magnífico artigo de Ramón Chao sobre Catalunya, que a día de hoxe é moi interesante lembrar.

O xornal sabonita, caciquil en grado sumo e subvencionado polos impostos de todos os galegos, non sole destacar precisamente polos seus contidos.  Porén, de cando en cando aparecen artigos que valen a pena, como neste caso.

A versión en galego sole ser unha traducción automática.  Ás veces, como é o caso deste artigo, nin siquera é posible acceder a ela.



VISCA CATALUNYA!


ME GUSTAN los catalanes porque a lo largo de su historia acogieron e integraron a íberos, fenicios, cartagineses, griegos, romanos, judíos, árabes y toda clase de charnegos y sudacas, sin conocer los problemas que afectan ahora a Francia; es un ejemplo.

xoves, 30 de xullo de 2015

O desastre aeroportuario galego (III). Lavacolla, Aeroporto Central de Galicia.

Con anterioridade, estudamos a situación aeroportuaria galega en dúas facetas:
A solución non é sinxela, pero á vista do anteriormente exposto, parece recomendable potenciar Lavacolla como aeroporto central galego.  Existen tres factores de gran importancia para avalar esta decisión: a posición xeográfica central de Lavacolla, a liña de alta velocidade ferroviaria que pasa a uns poucos quilómetros da terminal e o maior volumen de pasaxeiros que move actualmente e ten capacidade de mover no futuro.



martes, 21 de xullo de 2015

O desastre aeroportuario galego (II). Causas: localismo e centralismo

Nun post anterior víamos a situación desastrosa dos aeroportos galegos, que ten o triste honor de estar entre os máis deficitarios do Estado (2º, 3º e 15º máis deficitarios para Santiago, Vigo e Coruña).  Non é de estrañar, dado que temos tres aeroportos para 2,7 millóns de habitantes, nunha liña cuasi-recta de 120km.  Por se fose pouco, a 150km de Vigo está o Aeroporto Sá Carneiro, que move case o dobre de viaxeiros que os tres galegos xuntos.

As tres causas deste desastre son fáciles de identificar:
  • Competencia do aeroporto de Sá Carneiro (Porto).
  • Localismo, que fai que Galicia teña tres aeroportos en lugar dun.
  • Centralismo, pola concepción de AENA como ente centralista que busca favorecer a Barajas en detrimento do resto de aeroportos.

Localismo retroalimentado: Abel Caballero e Francisco Vázquez xunto co malversador Barrionuevo.

luns, 20 de xullo de 2015

Falemos do leite

Artigo de Pedro Montoto sobre o sector lacteo galego.


Falemos de leite. Unhas ideas que se me ocurriron estes dias.

Desde a derogación das cotas leiteiras (prezo regulado) o prezo por litro de leite pagado aos gandeiros non deixa de caer. Esto é a consecuencia lóxica dun mercado desregulado no que hai moita máis oferta (pequenos gandeiros) que demanda (procesadoras/industria de derivados). Moitos produtores pequenos e poucos compradores grandes, un mercado onde os compradores teñen a vantaxe clara.
Hoxe véndese ao redor de 20 céntimos por litro, e estímase que o custe de producir un litro de leite é duns 33 céntimos.


xoves, 16 de xullo de 2015

A orixe do conflicto catalá

Gustaríanos dar a conhecer outra visión do conflicto catalán, xa que os medios de comunicación con cobertura en Galicia unicamente ofrecen a visión do Goberno do Estado.

Para elo, empregaremos o prólogo do informe "Crònica d'una ofensiva premeditada".  Neste informe, o Govern da Generalitat analiza a actitude do Goberno Estatal, que dende polo menos fai 10 anos afoga o autogoberno e a identidade catalá.  Menciona o desprecio continuado á lingua catalana e ao seu normal funcionamento (algo similar ao que acontece coa lingua galega). Tamén se denuncia unha sistemática recentralización económica e normativa.  Cita como exemplos as negativas ao Estatut e ao pacto fiscal por parte dos poderes estatales.



mércores, 15 de xullo de 2015

Cando o Estado se mete a empresario... é para beneficiar a Madrid

Nun post anterior estudabamos a situación de Airbus no Estado, coa preponderancia nos investimentos en Madrid, seguido de Andalucía e Castela - A Mancha.  Ditos investimentos baséanse no poder de decisión da SEPI (Sociedade Estatal de Participación Industriais).

Hoxe imos estudar a SEPI no seu conxunto.  Veremos como consiste nunha ferramenta (bastante ruinosa, por certo) para o desenvolvemento económico de Madrid, e algunha rexión afín máis.  Por exemplo, as perdas (84 millóns de euros en 2014) son ocasionadas principalmente por RTVE (investimento en Madrid) e Hunosa (investimento en Asturias).
 
O Grupo SEPI é un holding empresarial público con participación directa e maioritaria en 16 empresas.  Ten unha fundación, competencias sobre a Corporación RTVE e participación directa minoritaria en outras 10 companhías.  Emprega a perto de 74.000 profesionais, sen incluír a Fundación SEPI que emprega a unhas 62 persoas, nin a RTVE, que emprega a uns 6.400 traballadores.  Deses 74.000 profesionais, uns 53.000 pertencen ao Grupo Correos.


luns, 13 de xullo de 2015

Vantaxes de educar aos nenos en galego (II). O desenvolvemento intelectual.

Unha gran vantaxe pouco conhecida da educación en galego dos nenos, fronte á opción hoxe en día maioritaria de optar unicamente polo castelán, é a maior capacidade intelectual que se adquire.  Esta capacidade intelectual non só está referida á aprendizaxe doutros idiomas, senón nun sentido máis amplío e xeral.

Para corroborar este maior desenvolvemento intelectual en xeral dos bilingües (nun post anterior explicabamos que a única opción viable de bilingüismo era a transmisión familiar da lingua galega), imos basearnos en artigos científicos varios, de diversas fontes.



venres, 10 de xullo de 2015

Vantaxes de educar os nenos en galego (I). Introdución

Imos empezar unha serie de post sobre as vantaxes do emprego do galego como lingua habitual para a educación dos fillos por parte dos pais.  Básicamente, trátase de facer ver aos pais as numerosas vantaxes que acadan empregando o galego para dirixirse aos seus fillos.

Centrarémonos na educación dos cativos, xa que entendemos que na poboación adulta os usos lingüisticos están xa adoptados e son, en gran medida, invariables.

Asemade, o futuro da lingua está nos falantes máis novos.  Para eles, dada a presencia abrumadora do castelán no ensino e nos medios de comunicación, a única vía de aprender perfectamente o galego consiste na transmisión familiar.  Isto acontece especialmente en ambientes urbanos, onde o galego tamén está practicamente erradicado na rúa, ademais de nas escolas e nos medios de comunicación.  Por tanto, o fogar familiar convertese no único lugar onde preservar a lingua.



mércores, 8 de xullo de 2015

Airbus: un exemplo do funcionamento do Estado español.

Para obter un exemplo moi gráfico de como o Estado, ao actuar como tal, busca primordialmente o beneficio de Madrid en detrimento da periferia, imos analizar os investimentos do Grupo Airbus.

O grupo Airbus, herdeiro directo de EADS, está participado nun 4,1% pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), se ben anteriormente dita porcentaxe era notablemente maior.  O Estado francés e o Estado alemán tamén teñen un peso significativo.

Debido ao peso que historicamente posuía o Estado español, a través da SEPI, puido influír en asuntos tales como emprazamento de fábricas.  É un asunto de gran importancia, pois supón un elevado número de empregos directos de gran calidade, empregos indirectos, suministros, mantemento, cotizacións á seguridade social, impostos directos e indirectos, e un longo etcétera.

Onde se ubican estas fábricas pois?  Basta con consultar a web de Airbus Group para comprobar que se trata unicamente de Madrid, Andalucía e Castilla-La Mancha.


sábado, 4 de xullo de 2015

O derroche do Instituto Cervantes

Nos últimos anos, a causa da crise, e co obxecto de contér o gasto público, realizáronse numerosos sacrificios.   Por exemplo, os funcionarios levan cinco anos co salario conxelado.

Sen embargo, é curioso observar como, aínda en tempos de crise, algúns chiringuitos reciben cuantiosas achegas de diñeiro público.  E non só iso, senón que ademais os importes aumentan cada ano.  É o caso do Instituto Cervantes, supostamente adicado a promocionar a lingua castellana polo mundo adiante.

venres, 3 de xullo de 2015

Os chiringuitos da Administración Local Galega

En anteriores artigos dábamos conta dos chiringuitos existentes tanto no Estado (uns 413) como na Xunta de Galicia (uns 105).

Agora imos analizar os chiringuitos que existen na Administración Local Galega, dependentes tanto de Concellos como das decimonónicas, obsoletas e caciquiles Deputacións Provinciais.



xoves, 2 de xullo de 2015

Os chiringuitos do Estado

Nun post anterior falabamos sobre a Administración paralela da Xunta de Galicia, onde existen máis de cen chiringuitos, basicamente para colocar aos afíns e gastar diñeiro público con liberdade.

Desta vez, examinaremos os numerosos chiringuitos do Estado.  Partimos do Inventario de Entes do Sector Público.   Seleccionamos o inventario de entidades do sector público estatal, que arroxa 414 resultados:


luns, 29 de xuño de 2015

Os chiringuitos da Xunta

Sólense denominar "chiringuitos" aos entes da Administración paralela.  É dicir, son entes dependentes do diñeiro público, pero que non forman parte da Administración oficial.  Deste xeito, os políticos teñen máis liberdade para xestionalos.  É o mesmo que dicir que os políticos poden caciquear ao seu antollo, usando diñeiro público a discreción, xa sexa para gastar con certa liberdade, para financiar partidos políticos ou ben para enchufar aos afíns na plantilla e tecer redes clientelares.

Outra volta de torca dos chiringuitos consiste en recolocar aos enchufados dos chiringuitos na Administración Pública.

Se ben o Sr. Feijóo chegou á Xunta prometendo austeridade, o que está levando a cabo e todo o contrario, incrementando a débeda ata cifras astronómicas (algún día adicarémoslle un post específico) e segue a caciquear a través dos chiringuitos.  O número total de chiringuitos dependentes da Administración Autonómica Galega é de 113 (!).

Pódense consultar ditos entes a través do Inventario de Entes del Sector Público, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.


sábado, 27 de xuño de 2015

As exportacións e os idiomas (II)

No post anterior estudamos os datos das exportacións referidas ao conxunto do Estado, analizando o idioma dos clientes.

Neste post estudaremos os datos das exportacións galegas.  Asemade, analizaremos a lingua empregada en ditas transaccións.


venres, 26 de xuño de 2015

As exportacións e os idiomas (I)

Durante séculos, e ata hoxe mesmo, na sociedade galega foi hexemónica a idea de que o castelán é unha lingua de gran importancia a nivel internacional, falada en medio mundo, e moito máis útil que o galego.

Sen entrar nas vantaxes que ten os galegofalantes sobre os castelanfalantes, tanto á hora de aprender novos idiomas como para manexarse no ámbito da Lusofonía, imos analizar detalladamente a influencia económica dos idiomas.  É dicir, partindo dos datos de exportacións do conxunto do Estado, analizaremos a lingua do país de destino das exportacións, e a proporción que representa no comercio exterior.